STEMlab
Onte presentamos ao público unha parte deste proxecto, unha experiencia inigualable para o noso alumnado de 1º de Bacharelato e para o os catro profesores que estabamos en representación de todo o equipo.
O evento tivo ampla visibilidade nos medios de comunicación o que para calquera proxecto, tamén os educativos, é moi importante.
Estas son imaxes de algúns momentos que recollen as explicacións de tres alumnas sobre funcionamento do PeixeMol ás autoridades e ao astronauta Pedro Duque, e tamén ao público asistente.
http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/programa/telexornal-mediodia |
http://www.abc.es/espana/galicia/abci-stemlab-o-entusiasmo-explorar-201804202025_noticia.html
A presentación continúa hoxe na Xornada de Educación Dixital para o profesorado no mesmo recinto, o Palacio de Congresos en Santiago de Compostela.
Para rematar expoñemos a carta de agradecemento do Conselleiro pola participación na Feira STEM, nós tamén agradecemos que nos permitisen amosar o traballo do noso alumnado, unha honra para todos poder participar.
Comentarios
Publicar un comentario