A importancia dos ríos na economía.

Desde moi antigo, os ríos tiveron unha gran importancia na economía daquelas zonas polas que transcorrían.
Algúns destes aproveitamentos son moi obvios, como a pesca ou o regadío das leiras próximas. Na comarca de Lemos, xa se comentou noutra entrada este blog, que se empregaba o encoro de Vilasouto, para regar os terreos próximos. Na seguinte imaxe, pódense ver os prezos a pagar por estes usos, na actualidade:


Porén, a medida que as sociedades se foron facendo máis complexas, os aproveitamentos fóronse diversificando e transformando, co paso do tempo. Así se pode apreciar na seguinte imaxe, tomadas en Cangas do Narcea (Asturias):

Desde o departamento de Economía, dentro do proxecto HydrAula, realizáronse varias actividades durante o presente curso, coa finalidade de analizar cales son os aproveitamentos que se realizan na actualidade. Unha delas, xa comentada con anterioridade, realizouna o alumnado de segundo de bacharelato, realizando algunhas presentacións nas que demostraron unha gran competencia dixital. Un exemplo:
Tamén, as alumnas de cuarto da ESO, buscaron e clasificaron as empresas relacionadas cos ríos, constatando a gran cantidade de aproveitamentos distintos que se fan dos nosos ríos e a variedade de de empresas que realizan os mesmos.
Así, puideron comprobar como se realizaban actividades de todos os sectores económicos. Exemplos: O regadío ou a pesca, pertencen ao sector primario, as construcións de todo tipo e a produción de enerxía eléctrica, ao secundario; e todas as actividades relacionadas co ocio (viaxes en catamarán, alugueiro de piraguas, ...) ao terciario.
Tamén, como convivían grandes empresas, como as eléctricas que aproveitan os saltos de auga, con micropemes e mesmo asociacións, como os clubs de piragüismo, que aproveitan os ríos para as súas actividades sen ánimo de lucro. Na seguinte imaxe: Entidades deportivas do concello de Monforte de Lemos que practican o piragüismo:


Comentarios

Entradas populares