Falando do tempo
En Galicia temos unha grande riqueza de vocabulario para designar fenómenos relacionados co clima e o tempo. Distinguimos moitos graos de chuvia e nalgún caso ademais da cantidade de agua, a palabra elixida ten unha acepción emocional ...
Velaquí unha pequena escolla de vocabulario meteorolóxico co fenómeno asociado.
Borrasca: Tempestade forte, especialmente no mar.
Raio: Descarga eléctrica que se pode producir cando trona e que se realiza a través do aire, entre dúas nubes ou entre dúas nubes e a terra.
Tempestade: Perturbación violenta da atmosfera, con fortes ventos e chuvias, ás veces acompañados doutros fenómenos, que provoca ondas de moita altura no mar. Temporal, tormenta.
Tronada: Treboada acompañada de tronos e alustros.
Trono: Ruído forte que acompaña o alustro ao producirse unha descarga eléctrica na atmosfera.
Babuña: Orballo.
Ballón: Golpe de chuvia forte, abundante e de pouca duración. Balloada.
Choiva: Auga que cae das nubes en forma de pingas. Chuvia.
Chover: Caer auga das nubes en forma de pingas.
Chuvascada: Chuvia forte que dura pouco tempo. Bátega. Chuvasco. Chuvieira.
Mexar: Orballar.
Orballar: Caer orballo.
Orballo: Chuvia miúda. Babuña, babuxa, barruza, barbaño, chuvisca, froallo, poalla.
Treboada: Chuvia intensa e súbita que pode ir acompañada de vento e que adoita ter pouca duración. Trebón. Tromba.
Bafarada: Golpe ou exhalación de aire, bafo, calor, fume etc. Bocalada.
Brisa: Vento suave.
Tornado: Tempestade propia das rexións tropicais, caracterizada por un vento moi forte que forma un remuíño.
Vendaval: Vento moi forte.
Vento: Aire atmosférico en movemento.
Xistra: Chuvia ou neve acompañada de vento forte e xélido.
Zoar: Producir o vento un ruído xordo e continuo.
Corisco: Neve miúda ou sarabia, que cae acompañada de vento forte e frío.
Folerpas: Cada unha das porcións de auga conxelada que caen cando neva. Farrapa, felepa, folepa.
Nevada: 1. Acción de nevar. 2. Cantidade de neve caída sen interrupción. Farrapada, folerpada, nevarada.
Nevariscar: Caer neve miúda mesturada con chuvia, xeralmente acompañada de vento. Neviscar.
Pedra: Auga conxelada que cae con forza das nubes en forma de grans máis ou menos grandes. Pedrazo, sarabia, saraiba.
Xeada: Capa fina e xeralmente branca de cristais de xeo que se forma ao conxelarse o orballo da noite sobre unha superficie horizontal arrefriada a unha temperatura inferior a cero graos. Lazada.
Xeado: 1. Nin frío nin quente. Xélido. 2. Que está convertido en xeo ou cuberto polo xeo.
Xeo: Auga que pasou ao estado sólido pola acción do frío.
Bruma: Néboa pouco espesa, especialmente a que se forma no mar.
Mera: Néboa espesa e miúda moi daniña para as plantas e os froitos por favorecer a aparición de fungos.
Néboa: Condensación do vapor de auga do aire en contacto co chan, de constitución similar á das nubes, que reduce a visibilidade. Brétema, nebra.
Escampar: Parar de chover. Estiñar.
Nimbo: Nube escura e densa de aspecto uniforme e contornos vagos, formada a pouca altura.
Nubarrón: Nube baixa e escura. Nubeiro.
Toldar: Tornar escuro [o ceo, o día]. Anubrar, nubrar.
Clarear:
Bochorno: Aire moi quente e sufocante. Calmizo, fogaxe.
Sufocante: Que produce sufocación. Abafador, asfixiante.
Temperado: Nin frío nin quente. Morno, tépedo.
Tórrido: Que se caracteriza pola calor extremada. Abrasador.
Fresco: Frío moderado.
Friaxe: Frío do ambiente.
Solleiro, -a: Con moito sol.
Abrígate por febreiro con dúas capas e un sombreiro.
Arco da vella ó mediodía, chove todo o día.
Ás veces mexan por un e hai que dicir que chove.
Ata o corenta de maio non quites o saio.
Cando chove e hai lúa, o demo anda pola Coruña.
Cando chove e sarabea, fai un frío que rabea.
Cando chove e vai sol, anda o demo polo Ferrol.
Ceo de la, se non chove hoxe, chove mañá.
Ceo empedrado, chan mallado.
En abril, augas mil.
En agosto, frío no rostro.
Entre Santos e Nadal, ben chover ou ben nevar.
Lúa nova, treboada, trinta días é mollada.

Maio chuvioso, verán caloroso.
Marzo marceador, de noite chove e de día fai sol.
Marzo marzán, pola mañá cariña de rosa e pola tarde cara de can.
Marzo marzoso, pola mañá car de porco, polo serán cara de verán.
Marzo ventoso e abril chuvioso, sacan a maio florido e fermoso.
Non chove nin fai vento, sinal de bo tempo.
Nunca chove a gusto de todos.
Nunca choveu que non escampara.
Por Santos aínda hai campos verdes e xa hai montes brancos.
Roibéns ao nacente, auga de repente.
Se chove e fai vento, pecha a porta e métete dentro.
Se chove en febreiro, bota as pipas (cubas) ó quinteiro.
Se chove en San Xoán, non hai viño nin hai pan.
Se chove o día de Santa Bibiana, chove corenta días e unha semana.
Se non chove en febreiro, nin bo prado, nin bo centeo, nin bo lameiro.
Se non chove no San Xoán, as patacas non se dan.
Se polo San Xurxo chove, de cen cereixas quedan nove.
Setembro ou leva as pontes ou seca as fontes.
Sol de marzo mata a dama no palacio, sol de abril mata a porca no cubil.
Sol madrugador, cura rezador e galán mói cortés, hanvos fastidiar os tres.
Tempo e fartura logo se muda.
Xaneiro quente, trae o demo no ventre.
Xuño, mes de San Xoán, días longos e verán.
Foto do ceo de Monforte antes dunha tronada |
TEMPESTADE
Alustro: Liña de luz intensa, sinuosa e ramificada, producida polo raio. Lóstrego, relampo, relustro.Borrasca: Tempestade forte, especialmente no mar.
Raio: Descarga eléctrica que se pode producir cando trona e que se realiza a través do aire, entre dúas nubes ou entre dúas nubes e a terra.
Tempestade: Perturbación violenta da atmosfera, con fortes ventos e chuvias, ás veces acompañados doutros fenómenos, que provoca ondas de moita altura no mar. Temporal, tormenta.
Tronada: Treboada acompañada de tronos e alustros.
Trono: Ruído forte que acompaña o alustro ao producirse unha descarga eléctrica na atmosfera.
CHUVIA
Arroiada: 1. Chuvia forte e abundante. Diluvio, doivo. 2. Corrente que se forma coa auga da chuvia cando esta é forte e abundante. Enxurrada.Babuña: Orballo.
Ballón: Golpe de chuvia forte, abundante e de pouca duración. Balloada.
Choiva: Auga que cae das nubes en forma de pingas. Chuvia.
Chover: Caer auga das nubes en forma de pingas.
Chuvascada: Chuvia forte que dura pouco tempo. Bátega. Chuvasco. Chuvieira.
Mexar: Orballar.
Orballar: Caer orballo.
Orballo: Chuvia miúda. Babuña, babuxa, barruza, barbaño, chuvisca, froallo, poalla.
Treboada: Chuvia intensa e súbita que pode ir acompañada de vento e que adoita ter pouca duración. Trebón. Tromba.
AIRE
Axada: Golpe de vento producido por un cambio brusco da súa dirección. Refacho.Bafarada: Golpe ou exhalación de aire, bafo, calor, fume etc. Bocalada.
Brisa: Vento suave.
Tornado: Tempestade propia das rexións tropicais, caracterizada por un vento moi forte que forma un remuíño.
Vendaval: Vento moi forte.
Vento: Aire atmosférico en movemento.
Xistra: Chuvia ou neve acompañada de vento forte e xélido.
Zoar: Producir o vento un ruído xordo e continuo.
XEO
Carambelo: Capa de xeo que se forma sobre a superficie dun líquido cando vai moito frío. Caramelo, lazo.Corisco: Neve miúda ou sarabia, que cae acompañada de vento forte e frío.
Folerpas: Cada unha das porcións de auga conxelada que caen cando neva. Farrapa, felepa, folepa.
Nevada: 1. Acción de nevar. 2. Cantidade de neve caída sen interrupción. Farrapada, folerpada, nevarada.
Nevariscar: Caer neve miúda mesturada con chuvia, xeralmente acompañada de vento. Neviscar.
Pedra: Auga conxelada que cae con forza das nubes en forma de grans máis ou menos grandes. Pedrazo, sarabia, saraiba.
Xeada: Capa fina e xeralmente branca de cristais de xeo que se forma ao conxelarse o orballo da noite sobre unha superficie horizontal arrefriada a unha temperatura inferior a cero graos. Lazada.
Xeado: 1. Nin frío nin quente. Xélido. 2. Que está convertido en xeo ou cuberto polo xeo.
Xeo: Auga que pasou ao estado sólido pola acción do frío.
NÉBOA
Borraxeira: Néboa espesa e baixa. Neboeiro.Bruma: Néboa pouco espesa, especialmente a que se forma no mar.
Mera: Néboa espesa e miúda moi daniña para as plantas e os froitos por favorecer a aparición de fungos.
Néboa: Condensación do vapor de auga do aire en contacto co chan, de constitución similar á das nubes, que reduce a visibilidade. Brétema, nebra.
NUBES
Cirro: Nube de cor branca e aspecto filamentoso, que se forma nas capas altas da atmosfera.Escampar: Parar de chover. Estiñar.
Nimbo: Nube escura e densa de aspecto uniforme e contornos vagos, formada a pouca altura.
Nubarrón: Nube baixa e escura. Nubeiro.
Toldar: Tornar escuro [o ceo, o día]. Anubrar, nubrar.
Clarear:
CALOR
Anticiclón: Área de altas presións atmosféricas, que adoita ir acompañada de bo tempo na superficie.Bochorno: Aire moi quente e sufocante. Calmizo, fogaxe.
Sufocante: Que produce sufocación. Abafador, asfixiante.
Temperado: Nin frío nin quente. Morno, tépedo.
Tórrido: Que se caracteriza pola calor extremada. Abrasador.
FRÍO
Arrefriar: Tornar frío ou máis frío.Fresco: Frío moderado.
Friaxe: Frío do ambiente.
SOL
Arco da vella: Fenómeno luminoso en forma de arco, que ofrece as sete cores do espectro e se produce ao refractárense os raios do Sol cando atravesan as gotas de chuvia. Arco iris.Solleiro, -a: Con moito sol.
REFRÁNS
A mal tempo, boa cara.Abrígate por febreiro con dúas capas e un sombreiro.
Arco da vella ó mediodía, chove todo o día.
Ás veces mexan por un e hai que dicir que chove.
Ata o corenta de maio non quites o saio.
Cando chove e hai lúa, o demo anda pola Coruña.
Cando chove e sarabea, fai un frío que rabea.
Cando chove e vai sol, anda o demo polo Ferrol.
Ceo de la, se non chove hoxe, chove mañá.
Ceo empedrado, chan mallado.
En abril, augas mil.
En agosto, frío no rostro.
Entre Santos e Nadal, ben chover ou ben nevar.
Lúa nova, treboada, trinta días é mollada.
Lúa nova, treboada, trinta días é mollada.
Maio chuvioso, verán caloroso.
Marzo marceador, de noite chove e de día fai sol.
Marzo marzán, pola mañá cariña de rosa e pola tarde cara de can.
Marzo marzoso, pola mañá car de porco, polo serán cara de verán.
Marzo ventoso e abril chuvioso, sacan a maio florido e fermoso.
Non chove nin fai vento, sinal de bo tempo.
Nunca chove a gusto de todos.
Nunca choveu que non escampara.
Por Santos aínda hai campos verdes e xa hai montes brancos.
Roibéns ao nacente, auga de repente.
Se chove e fai vento, pecha a porta e métete dentro.
Se chove en febreiro, bota as pipas (cubas) ó quinteiro.
Se chove en San Xoán, non hai viño nin hai pan.
Se chove o día de Santa Bibiana, chove corenta días e unha semana.
Se non chove en febreiro, nin bo prado, nin bo centeo, nin bo lameiro.
Se non chove no San Xoán, as patacas non se dan.
Se polo San Xurxo chove, de cen cereixas quedan nove.
Setembro ou leva as pontes ou seca as fontes.
Sol de marzo mata a dama no palacio, sol de abril mata a porca no cubil.
Sol madrugador, cura rezador e galán mói cortés, hanvos fastidiar os tres.
Tempo e fartura logo se muda.
Xaneiro quente, trae o demo no ventre.
Xuño, mes de San Xoán, días longos e verán.
Comentarios
Publicar un comentario