Aproveitamentos económicos nos ríos das Terras de Lemos
Análise dunha empresa:
Tarefa a realizar en grupos de ata 5 persoas:
Seleccionar unha empresa da contorna, que realice algún aproveitamento
económico dos recursos hídricos (piscifactoría, produción de luz,
comercialización de auga, actividades de aventura, paseos en catamarán,
...).
Buscar a información dispoñible sobre a mesma, e realizar unha
presentación na que se recolla:
- Actividades que realiza actualmente e evolución histórica.
- Obxectivos económicos e sociais perseguidos.
- Misión, visión e valores da empresa.
- Elaboración dunha matriz DAFO.
Podedes subir a presentación a través da aula virtual ou compartila co profesor a través da plataforma Office 365.
Criterios de avaliación:
Identificar e analizar os trazos principais do contorno en que a empresa desenvolve a súa actividade e explicar, a partir deles, as estratexias e as decisións adoptadas, e as posibles implicacións sociais e ambientais da súa actividade.
Explicar a planificación, a organización e xestión dos recursos dunha organización, valorando as posibles modificacións para realizar en función do ámbito en que desenvolve a súa actividade e dos obxectivos formulados.
Estándares de aprendizaxe avaliables coa actividade:
Analiza a relación entre empresa, sociedade e ambiente, e valora os efectos positivos e negativos das actuacións das empresas nas esferas social e ambiental.
Analiza a actividade das empresas como elemento dinamizador de progreso, estimando a súa creación de valor para a sociedade e para a cidadanía.
Investiga sobre a organización nas empresas do seu ámbito máis próximo e identifica vantaxes e inconvenientes, detecta problemas para solucionar, e describe propostas de mellora.
Aplica os seus coñecementos a unha organización concreta, para detectar problemas e propor melloras.
Comentarios
Publicar un comentario