Xeomiradoiro
Que é un xeomiradoiro
A paisaxe do sur lucense está chea de lugares fermosos. Un deles é o meandro que forma o río Sil na Serra de A Moá. Pero iste non é o único elemento xeográfico importante. Esta zona ten varios pregues xeolóxicos, e por iso se inclúe na candidatura presentada á UNESCO para formar parte do que pode ser o primeiro parque xeolóxico de Galicia. Para visualizalos veñen de acondicionarse varios "xeomiradoiros", coma o de Louxoá, cara ao meandro de A Cubela, e o de Pena do Ladeiro, na estrada de Torbeo a San Clodio, frente ao sinclinal do Sil. Agardamos que al longo do ano 2018 se consiga o nomeamento de xeoparque para as comarcas de Ribas de Sil, Quiroga e Courel, cuxa visita está mais que recomendada [1].
Axente Medioambiental investigando un lume causado por un raio no cumio do Monte de A Cubela |
Propostas de aula
A proposta toma como exemplo a saída realizada polo alumnado de 1º e 2º de ESO cos profesores de Xeografía e Historia, Matemáticas e Educación Física. Trátase dunha actividade interdisciplinar na que os tres departamentos comparten obxectivos e avalían de forma conxunta.
A idea inicial parte da aficción dos tres profesores polos roteiros, no meu caso publicados no blog http://www.caracochas.com/ de sendeirisimo e xeocaching.
Pensamos que unha saída interesante podía incluir un meandro, e eliximos o que se describe nos parágrafos anteriores, o de A cubela, a partir de ahí construimos a actividade de aula que agora se describe.
Actividade sobre unha ruta con meandros
1-Elabora un mapa compartido con rutas que teñan un meandro. Engade comentarios sobre as súas características máis importantes como:
- Vexetación da zona, fauna, materiais de construcción das vivendas, xeoloxía, economía, ...
- Estudo dos parámetros da ruta extraídos do track:
- Altitude máxima e mínima, pendentes, lonxitude, curvatura do meandro ..
- Xeocaching.
2-Nunha entrada anterior explícanse as curvas dos ríos e cómo empregar un visor para estudar a súa curvatura. Aplícao neste caso.
3-No proxecto "Tips de ruta" explícase cómo estudar a xeometría dunha ruta empregando a ferramenta "mostrar perfil de elevación" de google earth, revisa esta entrada e fai o perfil de elevación da ruta. Podes obter este perfil empregando outras ferramentas online como wikiloc.
4-Comparando rutas: dentro do proxecto etwinning se engaden preguntas sobre estudo compartido de rutas, como comparación de parámetros dos tracks, consúltaos.
Powered by Wikiloc
O noso exemplo
E que foi o que vimos?, evidentemente a parte de analizar mapas sobre o terreo, practicar deporte e coñecer a aplicación das matemáticas sobre os elementos que podemos ver, a saída foi tamén unha excelente clase de xeografía. Coñecemos in situ un meandro como é o da Cubela, pero non un meandro calquera, senón que se debe a unhas características orográficas concretas. O terreo debido ao pregamento das fallas afundiuse cambiando o curso do río Sil, que buscou as zonas baixas para formar o novo curso. Debido ás características de ese pregamento o río formou un curso caprichoso entre o cañón, formando esa curva de case 360 graos que é o meandro. O da Cubela non é o único do Sil, pero si o mais espectacular.
A saída non foi só coñecer un meandro;
Galicia está afectada por un clima oceánico, moi chuvioso, con invernos suaves
e veráns frescos. Practicamente todo o territorio presenta estas características, case, por que
na zona dos cañóns temos manchas afectadas polo clima mediterráneo xunto coa
súa vexetación, árbores perennes, albedros, sobreiras... que o alumnado pode
coñecer e comparar co bosque atlántico da súa contorna máis próxima.
Pero non todo vai a ser xeografía, a Cubela
está emprazada sobre unha antiga mina aurífera romana, na que se extraía o
mineral coa técnica do ruina montium; minería hidráulica que deixa unha pegada
sobre o terreo e que o alumnado puido coñecer.
Para rematar, xeocaching; escondemos un
tesouriño, e o alumnado puido coñecer o uso dixital das coordenadas xeográficas
nun gps, contrastando esas mesmas coordenadas nun mapa convencional de papel.
E por suposto, fotos e outros elementos que animen a visitalo.
Comentarios
Publicar un comentario