A agua no meu barrio

A raíz do estudo de factura da auga, e vendo as incidencias que están a ocorrer na rede de abastecemento local da nosa cidade, decidimos realizar unha enquisa aos monfortinos para coñecer a súa opinión sobre o servizo de auga en cada un dos nosos barrios.
Trátase dunha tarefa escolar polo que non puxemos a énfase nos medios senón na posta en práctica dentro do proxecto do que aprendemos na clase. Unha vez máis a aula sae á rúa para atender aos problemas cotiáns e dar sentido á aprendizaxe.
Como punto de partida traballamos con este mapa feito cursos atrás para o proxecto Tips de Ruta
Lugar onde se realiza a captación de agua para a cidade de Monforte en Ribas Altas

Respecto da poboación susceptible de recibir a enquisa usaremos como referencia o último dato da oficina do censo electoral que indica un número de 15.255 electores, o que nos da un tamaño de mostra de 375 persoas (a un nivel de confianza do 95%), aproximadamente vinte respostas por barrio. Sabemos que a distribución da poboación non é igual en todos, que a selección de participantes tería que ser ao chou, e que tal vez non consigamos chegar a un número representativo, pero dado que o curso escolar está a piques de rematar decidimos renunciar a unha selección exhaustiva dando prioridade á difusión nas redes para provocar a reflexión nos enquisados.
Para a elaboración das preguntas tivemos en conta a lexislación vixente que se pode consultar na sede electrónica do concello https://sede.monfortedelemos.es/ e outras enquisas relacioadas con este tema que atopamos na rede realizadas por empresas concesionarias u organismos responsables.


FORMULARIO DA ENQUISA

Enlace á enquisa
Accede desde o teu teléfono escaneando este QR


Comentarios

Entradas populares