HydrAula
O proxecto HydrAula nace da preocupación dun grupo de profesores do IES Daviña Rey polo coidado dos recursos naturais e en especial dos relacionados coa auga, debido á seca que estamos a vivir. O noso instituto está situado nun fermoso enclave natural, a Ribeira Sacra , que abrangue as ribeiras dos ríos Cabe, Miño e Sil. A economía da zona está vinculada a estes ríos dende a época dos romanos mediante o aproveitamento agrícola, na maior parte viñedos, forestal e gandeiro. Dende hai un tempo cobra importancia o turismo, que busca gozar dun paraxe único, con numerosos monumentos naturais e arquitectónicos ademais dunha excelente gastronomía. A misión de HydrAula é analizar e reflexionar dende un contexto educativo interdisciplinar a situación actual dos recursos de auga . Profesorado de distintas materias, introduciremos actividades curriculares que conteñan situacións relacionadas cos ecosistemas fluviais, poñendo en valor o que estes supoñen para a subsistencia. A nosa contribuci